miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Excarceradas dúas persoas por mor dunha colisión entre un coche e un camión en Ribadavia

Excarceradas dúas persoas por mor dunha colisión entre un coche e un camión en Ribadavia
Excarceradas dúas persoas por mor dunha colisión entre un coche e un camión en Ribadavia

Desde o 112 Galicia, solicitouse tamén a colaboración da Garda Civil, da Policía Local e do servizo de mantemento da estrada

Unha colisión entre un turismo e un camión na OU-504, en Ribadavia, saldouse con dúas persoas feridas de consideración na tarde de hoxe.

Segundo a información recibida polo 112 Galicia ás 14:30 horas de onte, como consecuencia do impacto, as dúas persoas quedaron atrapadas e necesitaban axuda.

Ata o punto desprazáronse os Bombeiros de Carballiño e membros do GES de Ribadavia para realizar as labores de excarceración e, unha vez que os feridos foron liberados, puideron ser atendidos polos persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Co fin de restablecer as condicións de seguridade da vía, desde o 112 Galicia, solicitouse tamén a colaboración da Garda Civil, da Policía Local e do servizo de mantemento da estrada.

Comentarios
Lo más