miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Este domingo celébrase o Trail Subida Pico Muralla

Este domingo celébrase o Trail Subida Pico Muralla
Este domingo celébrase o Trail Subida Pico Muralla

Os corredores, percorreran 15 km que destacan pola súa beleza paisaxística e as vistas que ofrece o Pico Muralla

A alcadesa accidental de Rianxo María del Carmen Figueira, o concelleiro de deportes, Xusto Ordoñez e o presidente da Sociedade Deportiva Barbantia Roda, Manuel Gómez, presentaron esta tarde unha nova edición do Trail Subida Pico Muralla que se celebrará o vindeiro domingo día 11 de agosto.

Os corredores, percorreran 15 km que destacan pola súa beleza paisaxística e as vistas que ofrece o Pico Muralla, así como, pola súa dureza dos derradeiros quilómetros, que fan que se acumule un desnivel de 670 metros. Ademais de Trail, os participantes poden optar pola opción da andaina, que terá un percorrido similar.

Ambas probas, terán saída na Praza Virxe da Guadalupe e finalizarán no Pico Muralla, en O Araño. Unha vez finalizada a proba os participantes disporán de Servizo de autobús que os levará de novo a Rianxo. As saídas están previstas para as 8:30 e as 10:30, para a andaina e o trail respectivamente.

Dende a organización, animan a todos os amantes da montaña, a participar no IV TRAIL SUBIDA PICO MURALLA, no que, ata o de agora, xa son máis de 110 os inscritos na proba.

Comentarios
Lo más