Preséntase un libro póstumo de Plácido Betanzos na Casa do Concello de Ribeira
O acto está organizado pola Comisión de Homenaxe a Plácido Betanzos coa colaboración do Concello de Ribeira
Este venres 9 de agosto ás 21 horas terá lugar no salón de plenos do Consistorio a presentación dun libro póstumo de Plácido Betanzos (1952-2018): “Relatos e lembranzas”.
O acto está organizado pola Comisión de Homenaxe a Plácido Betanzos coa colaboración do Concello de Ribeira.
No evento intervirán Santi García, membro da devandita comisión e deseñador e coordinador da publicación; Sofía Betanzos, filla do autor homenaxeado; Goretti Sanmartín ,e o alcalde Manuel Ruiz Rivas. Presenta e modera Olegario Sampedro.
O acto incluirá un recital da poetisa Marta Pedrosa acompañada musicalmente de José Luis Olveira.
O libro foi impreso pola Deputación da Coruña.