Chuvias en Compostela neste xoves
08:00 08/08/19
08:00 08/08/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 19ºC e a máxima os 23ºC
O xoves Galicia queda na influencia das baixas presións que enviarán unha fronte fría co avance do día.
Con esta situación, durante a mañá os ceos estarán parcialmente cubertos con chuvias febles e intermitentes na franxa atlántica.
A partir do mediodía as chuvias irán chegando a toda Galicia, con intensidade localmente forte.
As temperaturas estarán en lixeiro ascenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 19ºC e a máxima os 23ºC.
Os ventos soprarán de compoñente sur moderados con intervalos fortes no litoral atlántico.