miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

As agrupacións de persoal voluntario de Protección Civil da área de Santiago recibirán máis de 26.000 euros

As agrupacións de persoal voluntario de Protección Civil da área de Santiago recibirán máis de 26.000 euros
As agrupacións de persoal voluntario de Protección Civil da área de Santiago recibirán máis de 26.000 euros

As subvencións están destinadas a comprar os uniformes dos voluntarios, os medios de intervención, material informático e de comunicacións

As agrupacións de persoal voluntario de Protección Civil dos concellos da área de Santiago recibirán da Vicepresidencia da Xunta de Galicia un total de 26.278 euros a través da orde de colaboración económica con estas entidades, destinada a posibilitar o seu funcionamento a través do financiamento de gastos de natureza corrente. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das axudas.

As entidades, que están inscritas no Rexistro de Agrupacións de Persoal Voluntario de Protección Civil de Galicia, percibirán entre 2.600 e 1.200 euros e son as dos concellos de Ames, Arzúa, Boimorto, Boqueixón, Melide, Negreira, Oroso, Padrón, Rois, Santa Comba, Teo, Val do Dubra e Vedra. Ademais, tamén percibirá unha axuda a agrupación de voluntarios que comparten de xeito mancomunado Ordes e Frades.

As subvencións están destinadas a comprar os uniformes dos voluntarios, os medios de intervención, material informático e de comunicacións, así como os equipamentos de prevención e de protección persoal e colectivo, sempre que se trate de material funxible.

Esta liña de axudas tamén permite facer fronte aos gastos ocasionados durante as actuacións levadas a cabo polas agrupacións en materia de protección civil, así como aqueles investimentos para a conservación, mantemento ou alugamento da súa base. Por último, a través desta orde as agrupacións tamén poden pagar os seguros do persoal voluntario de protección civil e os gastos ocasionados pola formación dos seus compoñentes.

Comentarios
Lo más