Un accidente laboral deixa un traballador ferido en Montederramo
Ao fío das 12:00 horas, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para solicitar asistencia sanitaria
Un operario resultou ferido de consideración esta mañá cando realizaba o seu traballo nunha das obras do Mosteiro de Montederramo, no concello ourensán de Montederramo.
Ao fío das 12:00 horas, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para solicitar asistencia sanitaria urxente para un traballador ferido, traer caer do chimpín que manexaba por un desnivel.
Con estes datos, os profesionais do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia requiriron a intervención do persoal sanitario, que tras valorar a situación, mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense. De igual xeito, solicitaron a colaboración dos membros do GES de Castro Caldelas e dos axentes da Garda Civil.
Persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 encargouse da evacuación do ferido