miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Galicia Ambiental advirte que a comunidade galega atópase á cola en materia de reciclaxe

Galicia Ambiental advirte que a comunidade galega atópase á cola en materia de reciclaxe
Galicia Ambiental advirte que a comunidade galega atópase á cola en materia de reciclaxe

En Galicia tan só o 14% dos residuos que se recollen recíclanse, moi por de baixo do obxectivo marcado pola Unión Europea para o ano 2020.

A Asociación Galicia Ambiental advirte que a comunidade galega atópase na cola de reciclaxe con respecto ao resto das comunidades autónomas do Estado, segundo se desprende dos datos oficias da última “Memoria anual de xeneración e xestión de residuos de competencia municipal, do Ministerio para a Transición Ecolóxica, en Galicia as cifras de reciclaxe non chegan ao 14%. Isto é, moi por debaixo do obxectivo marcado pola Unión Europea para o ano 2020, que é do 50% de reciclaxe dos residuos. 

Ante esta realidade, en materia de reciclaxe a comunidade galega estaría moi lonxe de obter un aprobado nesta materia. Amais, segundo os últimos datos publicados por Eurostat, en España recicláronse no 2017 só o 33% dos residuos urbanos e máis da metade foron descartados en vertedoiros. 

Neste senso, se España quere chegar ao obxectivo europeo, terá que aumentar esta cifra de reciclaxe como mínimo 17 puntos en tres anos. Algo difícil de coneguir se temos en conta que en dez anos, entre 2007 e 2017, a reciclaxe de residuos urbanos tan só subiu tres puntos. Tendo en conta esta realidade, e á espera de obter os datos de 2018, non podemos descartar unha sanción ao Estado por parte da Unión Europea.

Se nos adentramos un pouco máis, e tomando ademais da Memoria do Ministerio sobre xestión de residuos por CCAA, como referencia a última Memoria de Sostibilidade de Sogama, de cada 100 quilos que se transporta a Sogama, só 3 saen para reciclar. O resto é eliminado en vertedoiro ou se emprega para a incineración con recuperación de enerxía. Precisamente, se temos en conta os datos de incinerado de Sogama, as cifras son moi baixas, pois non cumpre co mínimo fixado pola Unión Europea para poder considerala como unha valorización enerxética. Europa marca o índice nun 0,6%, mentras que en Sogama está entre 0,29 e o 0,41%.

Comentarios
Lo más