miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Falece unha muller en Cabana de Bergantiños ao envorcar o seu tractor

Falece unha muller en Cabana de Bergantiños ao envorcar o seu tractor
Falece unha muller en Cabana de Bergantiños ao envorcar o seu tractor

Foi un particular quen alertou do accidente a través dunha chamada ao 112 Galicia ás 16:30 horas de onte

Unha veciña de Cabana de Bergantiños faleceu despois de sufrir un accidente co tractor que manexaba no lugar de Pedrouzo.

Foi un particular quen alertou do accidente a través dunha chamada ao 112 Galicia ás 16:30 horas de onte. Segundo indicou, a vítima puido caer do vehículo e malia aos esforzos dos equipos de emerxencias desprazados no punto, faleceu cando estaba sendo evacuada ao centro hospitalario de referencia.

Debido á gravidade do accidente, os servizos sanitarios de urxencia consideraron a posibilidade de mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago, mas desistiron a causa das malas condicións meteorolóxicas do momento.

Desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos profesionais sanitarios, dos Bombeiros de Carballo, do GES de Ponteceso, dos axentes da Garda Civil e dos membros de Protección Civil da localidade.

Comentarios
Lo más