miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

As agrupacións de Voluntarios de Protección Civil colaboran na atención aos peregrinos no Camiño de Santiago

As agrupacións de Voluntarios de Protección Civil colaboran na atención aos peregrinos no Camiño de Santiago
As agrupacións de Voluntarios de Protección Civil colaboran na atención aos peregrinos no Camiño de Santiago

Esta colaboración entre a Xunta e as agrupacións de Protección Civil realizábase inicialmente só nos anos Xacobeo

A Xunta está a colaborar este ano cun total de 39 Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) para prestar asistencia aos peregrinos que percorren o Camiño de Santiago. Os voluntarios ocúpanse, entre outras funcións, de patrullar as rutas que pasan polo seu termo municipal e concellos limítrofes e atender aos camiñantes por cuestións propias de protección civil: axuda personalizada, traslado de feridos ou primeiros auxilios.

Así o explicou onte o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a súa visita aos membros do Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES) e da AVPC da Gudiña, que tamén colabora nesta iniciativa. No acto estivo acompañado polo alcalde, José María Lago.

Esta colaboración entre a Xunta e as agrupacións de Protección Civil realizábase inicialmente só nos anos Xacobeo. A partir de 2016, e dada a cada vez maior afluencia de peregrinos, decidiuse habilitar este plan de forma anual. Comezou con 7 agrupacións do Camiño Portugués. Agora xa chega a 39 e cubre tamén tramos do Camiño Portugués e da Vía da Prata.

A Administración autonómica mantén unha colaboración constante e fluída coas agrupacións de Protección Civil galegas. Ademais dos convenios para prestar atención no Camiño de Santiago, tamén lles cede equipamento de emerxencias, habilita liñas de axuda para financiar o seu mantemento e ofértalles formación a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP). De feito, nos últimos anos a Xunta cedeulles distinto equipamento de emerxencias por valor de algo máis de 12 millóns de euros.

Comentarios
Lo más