Ferido de gravidade un operario ao ter un accidente laboral na planta de Alcoa en San Cibrao
16:03 06/08/19
16:03 06/08/19
O home tivo que ser trasladado ata o CHUAC polas queimaduras de consideración
Un operario traballador de Reygamosa, unha empresa contratista de Alcoa, resultou ferido de gravidade onte por un accidente laboral cando estaba a realizar diferentes traballos na planta da multinacional estadounidense en San Cibrao, en Lugo.
O home estaba a reparar unha tubería da factoría cando nese momento lle provocou diferentes queimaduras polo seu corpo. O traballador tivo que se trasldado de urxencia ao Hospital Público da Mariña para despois ser levado ata a Unidade de Queimados do CHUAC.
Ata o momento non trascendeu moito máis do seu estado de saúde.