Arde unha embarcación por completo no interior dunha finca de Sanxenxo
O alertante que chamou ao 112 Galicia para informar do suceso asegurou que non había persoas afectadas, tamén, do risco que podían ocasionar as lapas debido á proximidade do alumeado público
Ao redor das 02:00 horas desta madrugada, o CIAE 112 Galicia tivo constancia dun incendio. Neste caso, tratouse dunha embarcación que ardeu por completo no interior dunha finca situada no lugar de Soutullo, na parroquia de Noalla.
A esa hora, o alertante que chamou ao 112 Galicia para informar do suceso asegurou que non había persoas afectadas, tamén, do risco que podían ocasionar as lapas debido á proximidade do alumeado público. Por iso, decontado, os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento dos bombeiros do Salnés e dos membros do GES da localidade. Así mesmo, informouse da situación aos axentes da Garda Civil e da Policía Local.
Tras rematar as tarefas de extinción os bombeiros comunicaron ao 112 Galicia que a embarcación ardeu na súa totalidade.