miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un incendio deixa danos materiais nunha nave de construción en Xunqueira de Espadañedo

Un incendio deixa danos materiais nunha nave de construción en Xunqueira de Espadañedo
Un incendio deixa danos materiais nunha nave de construción en Xunqueira de Espadañedo

Non houbo que lamentar danos persoais e a estrutura da nave tampouco viuse afectada polo incendio

Un incendio declarado esta tarde nun pendello dunha nave de construción provocou diversos danos materiais. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, as lapas orixináronse nunha máquina almacenada no alpendre que rematou calcinada por completo. O lume afectou tamén un transformador eléctrico e algúns depósitos de fibra baleiros.

Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais e a estrutura da nave tampouco viuse afectada polo incendio.

Os feitos tiveron lugar na localidade da Caseta, no concello ourensán de Xunqueira de Espadañedo. Un particular contactaba co 112 Galicia ás 15:30 horas para informar do lume. Indicaba en ese momento que non había ninguén dentro do local.

A partir de aí, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, solicitouse a intervención dos Bombeiros de San Cibrao das Viñas. Colaboraron tamén os axentes da Garda Civil e membros de Protección Civil de Maceda e de Baños de Molgas. O persoal do CIAE informou, tamén, a Augas de Galicia, ao 061-Urxencias Sanitarias e Policía Autonómica. 

Comentarios
Lo más