Liberan a unha muller que quedou atrapada ao envorcar o seu turismo
Unha vez liberada, a muller puido ser atendida polo servizo médico no lugar dos feitos
Unha muller resultou ferida esta tarde en Valdoviño ao saírse da vía e rematar envorcado o turismo no que circulaba. Segundo puido saber o 112 Galicia, a vítima tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Ferrol ao quedar atrapada no interior do vehículo.
Unha vez liberada, a muller puido ser atendida polo servizo médico no lugar dos feitos.
Ás 15:00 horas, varios particulares que se puxeron en contacto co 112 Galicia para informar do accidente na AC-566, á altura do punto quilométrico 22,5, no lugar de Vilarrube.
Ademais dos membros do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento e do 061-Urxencias Sanitarias, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias pasaron o aviso ao GES de Ortigueira, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, á Protección Civil de Cedeira e tamén ao servizo de mantemento da estrada.