Comezan as tímidas chuvias en Compostela
08:00 06/08/19
08:00 06/08/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 17ºC e a máxima os 25ºC
O martes o anticiclón das Azores retirado cara latitudes máis meridionais situará a Galicia nunha zona de inestabilidade.
Polo tanto, os ceos estarán parcialmente cubertos con algunhas precipitacións febles durante a mañá na franxa atlántica.
Pola tarde poderán formarse chuvascos nas comarcas do interior.
As temperaturas mínimas estarán en lixeiro ascenso mentres as máximas sufrirán un lixeiro descenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 17ºC e a máxima os 25ºC.
O vento soprará frouxo de compoñente oeste.