Recibimento do alcalde en funcións aos músicos de "Música en Compostela"
O encontro tivo lugar a 13:00 no Pazo de Raxoi e foi o alcalde en funcións o encargado de recibir aos músicos
Hoxe, no salón nobre do Pazo de Raxoi, tivo lugar o acto de recibimento aos 120 músicos procedentes de 11 países con motivo do encontro universitario Internacional "Música en Compostela".
A presidenta de "Música en Compostela", María Dobarro foi a encargada de abrir o acto cunhas palabras, agradecendo a todos os asistentes e facendo fincanpé no esforzo e dedicación que é organizar unha edición número 62. A concelleira estaba acompañada dos edís: Noa Díaz, José Antonio Constenla, do PP; e Goretti Samartín e Navia Rivas do BNG, ademais do actual alcalde en funcións, Sindo Guinarte..
Durante a sesión do acto, tanto Sindo como María agradeceron esta actividade impulsada desde 1958 polo mestre Andrés Segovia e aseguraron que Santiago é unha cidade moi vinculada coa cultura, especialmente a música. O alcalde en funcións pediulle aos/as participantes ser "transmisores dos valores desta cidade, unha cidade de acollida, amable, aberta, que transmite patrimonio e cultura". Con estas palabras finalizou a quenda de palabra e deu paso ao "cocktail" que estaba previsto.
"Música en Compostela" comezou o 28 de xullo e rematará o 10 de agosto e entre as vindeiras actividades programadas, destacan o concerto da Real Filharmónica de Galicia, dirixida por Mazimino Zumalave.