miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Goberno local abre o procedemento para adquirir vehículos para o Servizo de Bombeiros

O Goberno local abre o procedemento para adquirir vehículos para o Servizo de Bombeiros
Concello de Santiago de Compostela
O Goberno local abre o procedemento para adquirir vehículos para o Servizo de Bombeiros

O Concelleiro secretario da Xunta do Goberno Local, Sindo Guinarte convoca unha rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados na última sesión

O Goberno local, a través dunha rolda de prensa celebrada na mañá de hoxe, resumiu as propostas que levaron a cabo na xunta do 5 de agosto. 

Destacan a aprobación da apertura do procedemento para adquirir dous novos vehículos lixeiros para o Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento. Así como a  inclusión da praza de San Pedro na Zona 3 de estacionamento para residentes, no mesmo barrio de San Pedro.

Ademais explicaron que en materia de deportes, aprobáronse cinco convenios de colaboración: con Special Olympics Galicia, para os XX xogos Autonómicos de atletismo para persoas con discapacidade intelectual e a Marcha Ciclista Unificada, por 3500€. Coa Federación Galega de Judo, para a Copa de España Infantil por 6.000€. Coa agrupación Deportiva El Correo Gallego, para a 42ª edición da Carreira Pedestre, por 12.000€; coa Federación Galega de Baloncesto, para o VI Jamboree de Clubs de Minibasket, por 10.000€ e coa Federación Galega de Atletismo para a 2ª edición de "Portas de Compostela" por 10.000€.

Continuando cos deportes, tamén se aprobou a adxudicación do servizo da Festa do Deporte 2019 cun tipo de licitación do 44.494€ e as bases da convocatoria das subvencións para o fomento do deporte federado cunha contúa de 250.000 euros.

Na rolda, tratáronse de asuntos de urxencia: a proposta de trocar os cubos de lixo e soterralos na rúa en reformas de Castrón Douro por petición popular e, a xestión do servizo de comedor escolar en nove centros educativos do Concello de Santiago de Compostela para os cursos escolares de 2019-2020, aínda que non coñecen a cifra exacta de esta colaboración.

Finalmente o Goberno de Bugallo deu o visto bo á prorroga do contrato da xestión das escolas infantís municipais de Conxo e Fontiñas polo período dun ano.

Comentarios
Lo más