miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Goretti Sanmartín quere coñecer cales son as preferencias do actual Goberno local

Goretti Sanmartín quere coñecer cales son as preferencias do actual Goberno local
Arquivo
Goretti Sanmartín quere coñecer cales son as preferencias do actual Goberno local

Goretti Sanmartín abre a rolda de prensa recordando o pleno extraodinario para determinar os orzamentos municipais

Goretti Sanmartín abre a rolda de prensa lembrando o pleno do vindeiro venres para determinar os orzamentos municipais.

Despois dun par de reunións co goberno socialista, este deixou claro que moitas das propostas que o BNG piden son inviables. Os nacionalistas reclaman con urxencia algúns dos proxectos de humanización de barrio como son:

- Acondicionamento do campo de festa do Castiñeiriño.

- Reparación do muro das Fontiñas.

- Saneamento do Castelo da Rocha.

O goberno local, deixou clara a súa postura respecto as propostas lanzadas polo BNG, pero según acordaron en reunións anteriores, aquel proxecto que esté finalizado previamente poderá ser estudado para levar a cabo. Aínda que non acontecerá o mesmo con aqueles que non o estén. 

Goretti apunta á importancia de crear unha especie dun foro participativo ca cidadanía para debatir sobre o futuro da cidade. Unhas xornadas, onde especialistas, veciños e asociacións veciñais transladen a súa opinión sobre como queren encauzar a cidade de Compostela nos próximos anos e advirte que Santiago non depende unicamente do sector servizos. 

A voceira reinvindica a importancia dos colectivos máis desfavorecidos e  lémbralle ao goberno de Bugallo falar das ordenanzas fiscais con motivo de facer fronte ás persoas con menos recursos económicos. Algunhas das propostas expostas é a fracción dos impostos municipais á carta, de xeito, que a persoa poderá escoller cando pagar os tributos ao largo do ano, de maneira que cada cidadán se poda organizar economicamente como el crea oportuno. 

Finalmente Goreti pecha esta rolda de prensa tratando de urxencia a actuación do muro  do barrio das Fontiñas e agardando a ver se o novo goberno pasa a "proba do algodón" cos orzamentos do 2020 para coñecer cales son as súas preferencias.

Comentarios
Lo más