miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Falece un home despois de colidir o seu vehículo contra outro coche

Falece un home despois de colidir o seu vehículo contra outro coche
Falece un home despois de colidir o seu vehículo contra outro coche

O sucesos produciuse no concello ourensá de Os Blancos

Un choque frontal entre dous turismos deixou este mediodía unha persoa falecida ao seu paso polo concello de Os Blancos.

No momento de producirse o accidente, a escasos minutos das 13:00 horas, os vehículos circulaban pola estrada que une as localidades de Os Blancos e Calvos de Randín, á altura do lugar de Loureses.

O 112 Galicia tras recibir á alerta dun particular, que advertía da gravidade do accidente, puxo os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios de urxencia, dos Bombeiros de Xinzo e da Garda Civil de Tráfico que, decontado, coñeceron a localización exacta do sinistro grazas ao ás coordenadas que o propio sistema de xeolocalización do vehículo enviou tras o impacto. 

Tamén,a colaboración dos efectivos de Protección Civil da localidade foi solicitada polo 112 Galicia. Así mesmo, os servizos sanitarios, comunicaron ao 112 Galicia que o helicóptero medicalizado con base en Ourense, debido á gravidade da situación, tamén se desprazaba ata o lugar dos feitos.

Os servizos de emerxencias, tras confirmar o falecemento dun dos implicados, continúan traballando na excarceración do ocupante do outro vehículo sinistrado, que quedou atrapado no interior do vehículo.

Comentarios
Lo más