miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os mozos de Lousame pasan un verán formativo co programa "Mocidade en movemento"

Os mozos de Lousame pasan un verán formativo co programa "Mocidade en movemento"
Os mozos de Lousame pasan un verán formativo co programa "Mocidade en movemento"

A primeira das actividades comprendeu un obradoiro de rap galego, que foi impartido polo colectivo Vella Escola

Preto de medio cento de mozas e mozos de entre 14 e 30 anos do Concello de Lousame participaron recentemente en dous obradoiros formativos. Ambas actividades están encadradas no proxecto Mocidade en movemento, apoiado pola Xunta a través da liña de axudas destinadas ás entidades locais para a posta en marcha de iniciativas dirixidas á xuventude.

A primeira das actividades comprendeu un obradoiro de rap galego, que foi impartido polo colectivo Vella Escola. A sesión incluíu, por unha banda, información sobre a historia da cultura hip hop. Para completar o obradoiro, realizouse unha dinámica introductoria ao rap, ritmos e temáticas para o rapeo, así como una interpretación individual e colectiva creada pola mocidade participante.

A segunda das propostas comprendeu un taller teórico-práctico sobre drons desenvolvido no polideportivo Pilar Barreiro Senra. Neste caso, o obxectivo foi introducir á mocidade asistente neste ámbito innovador e tecnolóxico que ofrece boas perspectivas de cara ao futuro profesional. Neste obradoiro tratáronse nocións sobre a normativa a nivel básico para o uso de drons, así como explicacións sobre o coñecemento deste tipo de aeronaves ou sobre a importancia da meteoroloxía, etc.

Comentarios
Lo más