Morre un matrimonio e saen feridos os catro membros dunha familia nun accidente en Outes
Os dos vehículos, un Ford Focus e un Volkswagen Tiguan, circulaban pola estrada cando nun momento colidiron frontalmente para arrebatarlle a vida ao matrimonio de sesenta anos no instante
Na tarde do domingo de onte o concello de Outes volveu a vivir un tráxico suceso que sesgou a vida dun matrimonio de sesenta anos e deixou feridas a catro persoas nun accidente de circulación na AC-400, ao seu paso por Serra de Outes.
Os dos vehículos, un Ford Focus e un Volkswagen Tiguan, circulaban pola estrada cando nun momento colidiron frontalmente para arrebatarlle a vida ao matrimonio de sesenta anos no instante. Debido ao forte impacto quedaron atrapados no interior do vehículo e tiveron que ser excarceradas.
Pola contra, o Tiguan tamén sufriu un grave golpe destacando o conductor do vehículo que presenta feridas de gravidade. Debido a gravidade, o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela tivo que recoller ao ferido e levalo de urxencia ata o CHUS. Os demáis membros da familia, dous menores e a nai, tamén sufriron lesión de consideración e foron trasladados pola ambulancia do 061.