miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Limpeza e intervención do río Sar e Sarela

Limpeza e intervención do río Sar e Sarela
Limpeza e intervención do río Sar e Sarela

Os traballos céntrase na retirada de árbores mortas e madeira acumulada, así como de elementos susceptibles de provocar atoamentos no leito, e a roza selectiva de matogueira

 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación nos ríos Sar e Sarela, así como no Rego de Vilar e de Porto Marelo, ao seu paso polo Concello de Santiago.

Estes traballos de mantemento levaranse a cabo nos treitos interurbanos deste ríos ao seu paso polas parroquias de Conxo, Vista Alegre, Santiago de Compostela N.U, San Paio, Villestro, Laraño, O Castiñeiro e Vidán.

As obras centraranse na retirada de árbores mortas e madeira acumulada, así como elementos susceptibles de provocar atoamentos no leito, e a roza selectiva de matogueira. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Estas acción se enmarcan  no programa de mantemento de Augas de Galicia, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Centro e as súas zonas de acceso e protección.

O organismo hidráulico da Xunta continua intervindo nos treitos interurbanos, xa que este tipo de traballos permiten a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.

Comentarios
Lo más