miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Atopan o corpo sen vida dun home en Fene

Atopan o corpo sen vida dun home en Fene
Atopan o corpo sen vida dun home en Fene

O 112 Galicia tivo constancia do sucedido, tras o aviso da Policía Local da localidade, ao fío das 20:30 horas

O corpo sen vida dun home foi recuperado a pasada tarde cando flotaba na auga na zona de San Valentín, no concello ferrolano de Fene.

O 112 Galicia tivo constancia do sucedido, tras o aviso da Policía Local da localidade, ao fío das 20:30 horas.

Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) 112 Galicia informou a Salvamento Marítimo, desde onde se enviarían unha embarcación, e o servizo de Gardacostas de Galicia. Ademais, solicitouse a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, dos axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil de Fene.

Finalmente, os servizo de salvamento confirmou ao 112 Galicia que o corpo sen vida foi rescatado da auga por unha das embarcación mobilizadas. De momento, descoñécense as circunstancias da morte.

Comentarios
Lo más