Situación indefinida en Compostela neste sábado
08:00 03/08/19
08:00 03/08/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 16ºC e a máxima os 26ºC
Situación atmosférica moi indefinida nesta xornada en Galicia, coas altas presións debilitadas nos Azores e baixas presións ao oeste de Irlanda.
Isto deixará unha mañá de ceo moi anubrado no oeste, quedando algo máis limpos os ceos no leste.
As nubes tenderán a retroceder co avance da mañá e pola tarde soamente quedarán algunhas brétemas ou intervalos de nubes baixas no litoral atlántico.
As temperaturas non terán cambios significativos ou con lixeiros descensos das máximas. En Compostela a temperatura mínima acadará os 16ºC e a máxima os 26ºC.
Os ventos soprarán frouxos de dirección variable, con réxime de brisas nas Rías Baixas.