miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Unha muller necesita a axuda dos bombeiros para saír dun coche encaixado contra un semáforo en Cangas

Ocorreu minutos antes das dez desta mañá no lugar da Magdalena, en Cangas

Os bombeiros acudiron a rescatar a condutora dun turismo que quedou atrapada despois de bater contra un semáforo.

Ocorreu minutos antes das dez desta mañá no lugar da Magdalena, en Cangas. Alí acudiron os Bombeiros do Morrazo e membros do servizo local de Protección Civil para atender a unha muller con dificultades para saír do vehículo debido a que estaba encaixado contra un semáforo.

Segundo explicaron os equipos de emerxencias, o vehículo deslizouse por un desnivel para bater finalmente contra o dispositivo que regula o paso de peóns. Ante os problemas para abrir as portas do coche, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros do Morrazo, que liberaron á muller xuntos cos efectivos do servizo local de Protección Civil.

Ademais, no punto atopábase unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias para realizar o traslado da ferida ao centro hospitalario de referencia.

Comentarios
Lo más