miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Sara Martín e Guillermo Peinado, peregrinos número 200.000 deste 2019

Sara Martín e Guillermo Peinado, peregrinos número 200.000 deste 2019
Sara Martín e Guillermo Peinado, peregrinos número 200.000 deste 2019

O titular de Cultura e Turismo e o deán da Catedral recibiron a Sara Martín e Guillermo Peinado, unha parella de mozos que percorreu o Camiño Portugués

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o deán da Catedral de Santiago, Segundo Pérez, recibiron onte ao peregrino 200.000 deste ano, unha cifra que nesta ocasión se alcanza doce días antes que en 2018, o que supón un crecemento por riba do 10%. Trátase de Sara Martín e Guillermo Peinado, unha parella de 29 e 27 anos que percorreu o Camiño Portugués desde Tui.

“A historia do Camiño de Santiago e da nosa terra escríbese grazas a persoas como Guillermo e Sara, que se aventuran a vivir a experiencia xacobea”, declarou o titular de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, quen salientou que máis aló do crecemento, “o importante é como estamos a medrar”.

Neste sentido, detallou que o Camiño de Santiago é un fenómeno cada vez máis “internacional, descentralizado e desestacionalizado” xa que cada vez chegan máis peregrinos estranxeiros, por máis Camiños e durante máis meses do ano. Concretamente, seis de cada 10 peregrinos que recolleron a súa Compostela este ano eran estranxeiros. Ademais, cómpre destacar que o 98,7% dos peregrinos recomendaría facer o Camiño, “unha cifra que é un orgullo para os galegos”, destacou Román Rodríguez.

Comentarios
Lo más