UGT denuncia a mala calidade do emprego pese a baixada do paro
Os datos indican que o paro contráese en Galicia no mes de xullo nun 2,79%, con 4.328 persoas desempregadas menos
Se ben é certo que os datos feitos públicos hoxe polo Servizo de Emprego Público Estatal, reflicten unha importante contracción do desemprego en Galicia, tamén hai que subliñar que a mala calidade do emprego que se crea continúa aí, con altas taxas de temporalidade, parcialidade involuntaria e unha recuperación do mercado laboral marcada pola estacionalidade e as contratacións da época esval. Por isto, para UGT-Galicia, non pode haber lugar para a euforia, senón que urxe traballar por un modelo económico que garanta un mercado laboral estable e con dereitos.
Os datos indican que o paro contráese en Galicia no mes de xullo nun 2,79%, con 4.328 persoas desempregadas menos, e un total de 150.921 persoas no paro. A contracción interanual é do 7,64%, con 12.491 persoas desempregadas menos.
PERSISTE A BRECHA POR XÉNEROS
Por sexos, un mes máis, persiste a peor situación das mulleres, entre as que se contrae o paro nun 1,9% e un 4,02% no caso dos homes. A brecha por razón de xénero persiste, o 58,7% do total das persoas desempregadas son mulleres, 62.290 homes e 88.631 mulleres.
Entre os menores de 25 anos, o desemprego cae nun 6,85%, dun xeito máis acusado que no conxunto de idades. O que incide, de novo, no forte compoñente de estacionalidade que hai nestas esta;scas pola temporada esval porque o mes de xullo é un mes de incorporación da mocidade ao mercado laboral, con contratos de temporada.
Por sectores de acvidade, a contracción é dun 8,18% no primario; o 3,5% na construción; o 2,6% nos servizos; o 2,7% na industria; e o 1,55% no colecvo de sen emprego anterior. Pero, a maior caída en termos absolutos prodúcese no sector servizos, debido á estacionalidade, baixando o desemprego en 2.749 persoas, o 63,5% do total da contracción do desemprego.
En termos anuais, tamén hai un descenso acusado en todos os sectores de acvidade pero, de novo, a maior caída en termos absolutos dáse no sector servizos, 7.004 desempregados menos, o que deixa entrever a progresiva terciarización da economía galega.
Excesiva rotación na contratación, 121.098 contratos para tan só un incremento de 12.290 afiliados De novo, UGT-Galicia denuncia a excesiva rotación na contratación, 121.098 contratos nun mes para un incremento de 12.290 persoas afiliadas/cozantes. A contratación medra no mes un 22,6% pero con taxas baixas de consolidación.
Continúa sendo moi preocupante a baixa porcentaxe de contratación indefinida, do 6,61%. E, de novo, UGT-Galicia denuncia os baixos niveis de cobertura do desemprego. 81.582 beneficiarios de prestacións, cunha taxa de cobertura do 57,6%, deixando fóra do sistema a 73.667 persoas, tendo en conta tanto aos que teñen dereito á cobertura como aos non o xeraron previamente. No Estado a taxa de cobertura é do 61,4%.
PRECARIEDADE NA COBERTURA POR DESEMPREGO
Deste total o 43,1% perciben prestacións de carácter contribuvo e o resto son de carácter asistencial, o que indica tamén a precariedade na cobertura por desemprego. Porque, evidentemente, trátase de prestacións moito máis baixas.
A afiliación á Seguridade Social medra nun 1,2% e un 1,56% no ano, con menor incidencia que no resto do Estado onde crece un 2,58%.
Detrás destes datos, aínda que non se pode obviar a mellora do desemprego en termos numéricos, segue a haber un empeoramento da calidade do emprego, marcada por máis precariedade derivada do abuso da temporalidade e a contratación a tempo parcial que conduce a un continuo desgaste das rendas das familias. A protección das persoas sen emprego tamén se foi reducindo nestes anos, debido ao desmantelamento do sistema executado polo Goberno do PP.
E, por todo elo, UGT-Galicia reclama a derrogación da reforma laboral de 2012 e o impulso de polícas públicas que favorezan o emprego de calidade e con dereitos. Neste senso, o Sindicato reclama máis recursos humanos e materiais para os servizos públicos de emprego e resulta imprescindible que as polícas de protección por desemprego se reforcen e que se amplíen as prestacións contribuvas e asistenciais, aumentando o grado de cobertura. Ademais, urxe mellorar a empregabilidade das persoas a través da orientación e a formación.