miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Corte de tráfico nun carril do Hórreo

Corte de tráfico nun carril do Hórreo
Corte de tráfico nun carril do Hórreo

O corte realizarase dende a propia rotonda do Hórreo, fronte á escalinata da estación de ferrocarril

Por mor da reparación dunha arqueta situada no medio da calzada, o domingo 4 de agosto, dende as 8:00 ás 12:00 horas, vai permanecer cortado ao tráfico o carril de incorporación da rotonda do Hórreo cara a avenida de Lugo (carril paralelo ao túnel do Hórreo).

O corte realizarase dende a propia rotonda do Hórreo, fronte á escalinata da estación de ferrocarril, polo que se recomenda utilizar a rúa de Clara Campoamor para conectar coa avenida de Lugo

Comentarios
Lo más