Reaniman a unha menor nunha praia de Baiona
06:30 02/08/19
06:30 02/08/19
Os feitos ocorreron ao fío das 16:30 horas de onte
Unha menor foi trasladada esta tarde a un centro hospitalario despois de ser reanimada no areal da Praia da Barbeira, en Baiona. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, varias persoas conseguiron sacala da auga e foi atendida polos servizos sanitarios de urxencia.
Os feitos ocorreron ao fío das 16:30 horas de onte. Nese momento, varias persoas particulares contactaban co 112 Galicia para dar conta do ocorrido.
A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervención do 061-Urxencias Sanitarias. Ademais, interviñeron persoal socorrista e voluntarios de Protección Civil de Nigrán.