miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Alcer Coruña recibe no Obradoiro a tres transplantados de ril que fixeron o Camiño dende Alacante

Alcer Coruña recibe no Obradoiro a tres transplantados de ril que fixeron o Camiño dende Alacante
Alcer Coruña recibe no Obradoiro a tres transplantados de ril que fixeron o Camiño dende Alacante

Estes tres membros de Alcer Alacante, os tres transplantados de ril, cada parada que facían na súa ruta, aproveitárona para realizar unha intensa campaña de sensibilización sobre a doazón de órganos

Toni Arques, Vicente Marcos e Miguel Ángel Marcos chegan a Compostela despois de realizar dende Alacante o Camiño en bicicleta. Partiron o pasado 21 de xullo e as súas metas marcadas non só era a de chegar a Compostela. 

Estes tres membros de Alcer Alacante, os tres transplantados de ril, cada parada que facían na súa ruta, aproveitárona para realizar unha intensa campaña de sensibilización sobre a doazón de órganos, co fin de seguir aumentando o número de doantes e seguir sendo país de referencia mundial en taxa de doazón e transplantes.

Este venres, 2 de agosto, Toni, Vicente e Miguel Ángel van ser recibidos ás 11:00 horas na Praza do Obradoiro por membros da xunta directiva de Alcer Coruña e a concelleira compostelá de Políticas Sociais, Saúde, Medio Ambiente e Parques e Xardíns, María Milagros Castro Sánchez.

Comentarios
Lo más