miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Críticas dos socialistas á actitude de Conde sobre a solución de Alcoa

Críticas dos socialistas á actitude de Conde sobre a solución de Alcoa
Críticas dos socialistas á actitude de Conde sobre a solución de Alcoa

O PSdeG Provincial lembra a Conde que, segundo os últimos datos do INE, “Galicia se sitúa á cola de España no índice de produción industrial, cunha caída do 20% no último trimestre”

Agrupación Provincial do PSdeG-PSOE amosa a súa satisfacción pola solución que chegou onte para a planta de Alcoa na Coruña, cunha operación que permitirá a 400 persoas da comarca manter o seu emprego.

Os socialistas agradecen “o gran traballo feito desde o Ministerio de Industria, sindicatos, traballadores, Concello da Coruña e medios de comunicación durante estes meses”.

Ademais, consideran que as declaracións de onte do conselleiro de Industria, Francisco Conde, “sementando dúbidas sobre a solución responden á procura dun protagonismo absurdo” e piden “lealdade institucional e colaboración” da Xunta co Goberno central “en asuntos serios como este que afectan o emprego de miles de traballadores”.

“O que teñen que facer o conselleiro e a Xunta é preocuparse por Galicia que, segundo os últimos datos do INE, se sitúa á cola de España no índice de produción industrial cunha caída do 20% no último trimestre”, manifestan.

Con respecto a Alcoa, os socialistas critican os máis de seis anos perdidos polo goberno de Mariano Rajoy, que non tomou ningunha medida para baixar os prezos da electricidade, principal motivo que argumentou a multinacional para xustificar o intento de peche.

“A solución chegou e non foi grazas ao papel proactivo da Xunta, como afirman algúns; 400 familias respiran hoxe tranquilas e iso é o único importante”, engade o PSdeG provincial.

Comentarios
Lo más