Deporte para os máis pequenos no Campus Volta ao Cole 2019
Celebrarase do 2 ao 6 de setembro en Santa Isabel
A Escola Deportiva Santiago vén de abrir o prazo de inscrición para o seu novo Campus Volta do Cole que se celebrará do 2 ao 6 de setembro no campo de fútbol e pavillón de Santa Isabel.
Para a posta en marcha desta iniciativa, a Escola conta coa colaboración do Concello de Santiago, a Deputación de A Coruña, Gadis e Feiraco.
As actividades, dirixidas a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade, desenvolveranse en horario de mañá: de 10:00 a 14:00 horas. Os participantes practicarán fútbol, fútbol sala, bádminton, atletismo, xadrez, deportes alternativos como pode ser o béisbol e exercicios para mellorar a atención.
INSCRICIÓNS
As inscricións para este Campus poden realizarse por días soltos (16 euros por día) ou polo campus completo (60 euros). Hai ademais un desconto para segundos irmáns e familias numerosas (50 euros).
Estes prezos inclúen as merendas e un seguro de accidentes deportivos. Ofrécese tamén a posibilidade de acceder ao servizo de madrugadores desde as 9:00 horas por tan só 5 euros máis.