miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Remata o obradoiro de emprego de Lousame, Noia e Outes que formou vinte persoas na especialidade de aproveitamentos forestais

Remata o obradoiro de emprego de Lousame, Noia e Outes que formou vinte persoas na especialidade de aproveitamentos forestais
Remata o obradoiro de emprego de Lousame, Noia e Outes que formou vinte persoas na especialidade de aproveitamentos forestais

Os representantes municipais destacan a mellora das posibilidades de acceso ao mercado laboral que esta iniciativa mixta de formación e emprego supón para as persoas participantes

Este mediodía foi clausurado o obradoiro de emprego promovido en conxunto polos Concellos de Lousame, Noia e Outes. As vinte persoas que participaron como alumnas-traballadoras nesta iniciativa mixta de formación e emprego recibiron os seus diplomas da man do alcalde de Outes, Manuel González; da concelleira de Educación, Parques e Xardíns de Noia, Mariola López; e do concelleiro de Obras de Lousame, Ramón Martínez. 

O obradoiro, que se desenvolveu durante  nove meses, estivo integrado por seis participantes de Lousame, sete de Noia e outros sete de Outes. Formáronse na especialidade de aproveitamentos forestais. O equipo directivo e docente estivo conformado por un director, dous mestres da especialidade, un mestre de ensino básico, un mestre de formación en orientación laboral e autoemprego e un administrativo. 

A parte teórica complementouse coa realización de traballos de aproveitamento forestal e conservación e mellora de montes en diversos terreos dos tres municipios, de xeito que o obradoiro viu cumprido tamén o seu cometido de desenvolver tarefas positivas para a comunidade. Do mesmo xeito, tiveron a oportunidade de efectuar prácticas en empresas da zona. 

Os tres cargos políticos locais felicitaron aos integrantes do obradoiro polo seu desenvolvemento e destacaron que suporá unha mellora nas súas posibilidades de acceso ao mercado laboral, posto que este tipo de iniciativas están dirixidas a persoas maiores de idade en situación de desemprego. Coa nova capacitación adquirida terán máis opcións de traballo precisamente nun dos sectores económicos que máis emprego está creando nos últimos anos.

Comentarios
Lo más