Atopan o corpo sen vida dunha muller que apareceu flotando no río Miño
Uns veciños avistaron á persoa afundindo preto das piscinas municipais
Os servizos de emerxencias recuperaron nas últimas horas de onte o corpo sen vida dunha muller que apareceu flotando no Río Miño, en Salvaterra.
Uns veciños avistaron á persoa afundindo preto das piscinas municipais e decontado chamaron ao 112 Galicia para pedir axuda.
Así, púxose en marcha un operativo formado polas forzas da orde, equipos da Comandancia Naval e os Bombeiros de Ponteareas e Baixo Miño para localizar en primeira instancia e rescatar finalmente o cadáver da muller. Eran, por tanto, as 21:30 horas de onte cando os servizos de emerxencias sacaron o corpo do río e o puxeron a disposición das autoridades xudiciais. Tamén, solicitaron asistencia médica para a familia da falecida.