miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Suben lixeiramente as temperaturas na cidade

Suben lixeiramente as temperaturas na cidade
Suben lixeiramente as temperaturas na cidade

En Compostela a temperatura mínima acadará os 14ºC e a máxima os 27ºC

As altas presións localizadas en Azores entrarán en forma de cuña na península Ibérica pero en altura teremos a entrada de aire algo máis frío. 

Polo tanto agardamos unha mañá con nubes baixas na metade norte, máis compactas no norte de Lugo e A Coruña; pola tarde medrarán nubes de evolución no interior que ocasionalmente poderían deixar algún fenómeno tormentoso. 

As temperaturas ascenderán entre lixeira e moderadamente. En Compostela a temperatura mínima acadará os 14ºC e a máxima os 27ºC.

Os ventos soprarán de compoñente norte, moderados no litoral atlántico e frouxos no resto.

Comentarios
Lo más