Pedro Liñeira sigue no Santiago Futsal
O xogador, nacido en 1999, defenderá por segundo ano a meta do primeiro equipo
Pedro Liñeira Rey, porteiro do Santiago Futsal durante a temporada 2018-2019 seguirá un ano máis no conxunto santiagués.
O xogador, nacido en 1999, defenderá por segundo ano a meta do primeiro equipo, o terceiro na estrutura do club tras o seu paso polos xuvenís.
David Rial, adestrador do Santiago Futsal, comentou a renovación do xogador: “Pedro é un porteiro de gran envergadura, bo baixo paus e cun gran xogo de pés. A temporada pasada serviulle para adquirir experiencia dentro dunha categoría tan esixente como esta, na que mesmo chegou a debutar. Gañouse con suor a confianza do club e estamos moi contentos de que continúe connosco.”
Pola súa banda, o xogador referiuse á súa renovación coas seguintes palabras: “para alguén que de pequeno ía a Sar a animar trátase dun ano máis para seguir soñando. Desde que cheguei ao club David achegoume confianza para crecer e oportunidades, e espero poder devolver esta confianza tanto a el como á afección.”