Bugallo e Carmen Pomar reúnense para falar das necesidades educativas da cidade
06:30 01/08/19
06:30 01/08/19
Durante o encontro ambos analizaron as necesidades educativas do concello compostelán no medio prazo
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, reuniuse onte co alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo no seu despacho en San Caetano. Durante o encontro ambos analizaron as necesidades educativas do concello compostelán no medio prazo e acordaron manter aberta unha canle de diálogo para, a través dela, afondar nunha colaboración institucional que redunde no benestar da comunidade educativa de Santiago.