miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Finaliza un incendio que arrasou por completo unha vivenda e ameazou a outra lindeira en Ourol

Finaliza un incendio que arrasou por completo unha vivenda e ameazou a outra lindeira en Ourol
Finaliza un incendio que arrasou por completo unha vivenda e ameazou a outra lindeira en Ourol

Os servizos de emerxencias traballaron desde as sete desta mañá na extinción do lume

Un incendio devorou por completo unha casa habitada na parroquia de San Pantaleón, en Ourol.

Os servizos de emerxencias traballaron desde as sete desta mañá na extinción do lume, que rematou por calcinar unha vivenda de dous andares e ameazou a outra lindeira.

Precisamente, a entidade das lapas sorprenderon aos veciños, que rapidamente contactaron co 112 Galicia para dar conta da situación. A partir de aí, activouse un operativo no que, ademais dos equipos de extinción, pediuse a colaboración dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias debido a que a casa estaba ocupada no momento de producirse o incendio.

Para facer fronte ás lapas, foron necesarios recursos do Concello de Ourol, dos Bombeiros de Viveiro e do Distrito Forestal da zona e tamén prestaron a súa colaboración os axentes da Garda Civil. 

Comentarios
Lo más