miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Arde un pendello cun depósito de combustible no seu interior en Forcarei

Arde un pendello cun depósito de combustible no seu interior en Forcarei
Arde un pendello cun depósito de combustible no seu interior en Forcarei

As lapas calcinaron o pendello por completo sen que chegasen a afectar á vivenda lindeir

Os servizos de emerxencia desprazáronse na tarde de onte a atallar un incendio declarado no interior dun pendello anexo a unha vivenda en Forcarei.

No interior da construción almacenábanse rolos de herba seca e un depósito de combustible, que estoupou debido ás lapas sen que ningunha persoa resultase ferida nin afectada.

Tras ser alertados polo 112 Galicia mobilizáronse ata o lugar dos feitos, a carón da igrexa da localidade, os Bombeiros do Deza, os efectivos do GES da Estrada, os axentes da Garda Civil, os voluntarios de Protección Civil de Forcarei e persoal do Concello.

Cómpre destacar que foi unha persoa particular quen alertou do incendio ao 112 Galicia pasados uns minutos das 14:15 horas e que os efectivos de emerxencia remataron as tarefas de extinción do lume ao fío das 18:10 horas.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, as lapas calcinaron o pendello por completo sen que chegasen a afectar á vivenda lindeira.

Comentarios
Lo más