miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Galicia en Común estará presente na maioría das comisións das Cortes

Galicia en Común estará presente na maioría das comisións das Cortes
Galicia en Común estará presente na maioría das comisións das Cortes

Yolanda Díaz será vocal en Traballo, Migracións e Seguridade Social, en Industria, Comercio e Turismo, en Constitucional e en Política Territorial e Función Pública. Antón Gómez-Reino será o voceiro na Comisión de Agricultura, Pesca e Alimentación e na Comisión Mixta para a UE e vocal na de Transición Ecolóxica

Este martes constituíronse as comisións do Congreso da XIV lexislatura, onde participaron os deputados Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz.

A voceira de Galicia en Común, Yolanda Díaz, será a secretaria primeira na comisión de Industria, Comercio e Turismo e vocal en materias tan relevantes como Traballo, Migracións e Seguridade Social, Constitucional e Política Territorial e Función Pública.

A deputada tamén estará na comisión de Economía e na de Orzamentos e estará tamén na Comisión de Pactos de Toledo á espera da súa constitución.

Pola súa banda, o deputado Antón Gómez-Reino será o voceiro na Comisión de Agricultura, Pesca e Alimentación e na Comisión Mixta para a UE.

Gómez-Reino tamén estará como vocal en Transición Ecolóxica e estará nas Comisións de Asuntos Exteriores, Política Territorial e Fomento.

Ademais, o deputado será membro das delegacións permanentes de España ante o Consello de Europa e ante a Europol.

Este mércores tamén se constituirán as comisións no Senado, nas que o senador José Manuel Sande participará nas Comisións de Cultura e Deporte, Economía e Empresa, Entidades Locales, Traballo, Migracións e Seguridade Social e Incompatibilidades.

Comentarios
Lo más