Localizan o condutor que atropelou e se fugou o pasado domingo nun accidente na avenida de Castelao
06:30 31/07/19
06:30 31/07/19
O equipo de atestados e investigación de accidentes da Policía Local instruíu as correspondentes dilixencias para a súa remisión ao xulgado
A Policía Local de Santiago conseguiu localizar o condutor que presuntamente na tarde do pasado domingo se dera á fuga tras atropelar a unha persoa nun paso de peóns na avenida de Castelao.
Malia que só se dispoñía dun número incompleto da matrícula do coche fugado, as pescudas realizadas levaron á Policía Local á localización do vehículo e á identificación do presunto condutor.
Despois disto, o equipo de atestados e investigación de accidentes da Policía Local instruíu as correspondentes dilixencias para a súa remisión ao xulgado.