miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os socialistas denuncian o peche de centros de ensino no rural por parte da Xunta de Galicia

Os socialistas denuncian o peche de centros de ensino no rural por parte da Xunta de Galicia
Os socialistas denuncian o peche de centros de ensino no rural por parte da Xunta de Galicia

“Con menos centros e menos recursos cada ano, o resultado é unha menor calidade no ensino para os nosos fillos”, afirma Antonio Álvarez, secretario de Ensino na Executiva Provincial do PSdeG

Os socialistas da provincia da Coruña denuncian “o novo castigo ao rural e ao conxunto do ensino público” do mapa de centros educativos da Xunta para o curso 2019/2020, feito público onte.

“Un curso máis, chegan os recortes, que afectan ademais a zonas con risco de despoboación”, critica Antonio Álvarez, secretario de Ensino na Executiva Provincial do PSdeG. “Reducindo os servizos, é difícil atraer xente aos municipios pequenos”, advirte.

Os centros que desaparecen na provincia son as EEI de Portocubelo e de O Viso, ambas en Carnota; a EEI O Seixo en Mugardos, EEI de Carnoedo en Sada e CEIP de Polveira en Trazo. Además, se suprimen o Colexio Rural Agrupado (CRA) Os Remuíños de Cabana de Bergantiños e o CRA de Santa Comba, que se fusiona co de Coristanco. A Escuela de Educación Infantil de Lañas, en Santa Comba, intégrase no CRA de Santa Comba. A EEI de Neaño, en Cabana, pasa a ser parte da CRA Nosa Señora do Faro de Ponteceso.

“A nivel provincial pódese apreciar que o recorte de fondos é continuo e sistematico nos últimos dez anos, ao PP de Feijóo non lle interesa o ensino público, non é unha prioridade para a dereita”, engade.

“Con menos centros, menos profesores e menos recursos cada ano, o resultado é unha menor calidade no ensino para os nosos fillos”, afirmou Antonio Álvarez, que anunciou que o PSdeG levará aos concellos e o Parlamento de Galicia diferentes iniciativas esixindo explicacións e un cambio de modelo na xestión do ensino público.

Comentarios
Lo más