Morre un operario tras ser golpeado por unha máquina no Porriño
Os servizos sanitarios intentaron reanimalo pero nada se puido facer pola vida do home
Un operario faleceu esta madrugada tras sufrir un golpe cunha máquina mentres traballaba nunha fábrica situada no Polígono das Gándaras, no Porriño.
Malia aos intentos de recuperación, os profesionais sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o tráxico suceso produciuse pouco antes das seis desta mañá, cando a vítima golpeouse cunha máquina nunha planta destinada á fabricación de pezas metálicas. Un equipo do 061-Urxencias Sanitarias desprazouse ao lugar dos feitos cunha UVI móbil, pero nada puideron facer por salvar a vida do operario, ao que atoparon inconsciente.
Para colaborar no operativo, desde o 112 Galicia, avisouse aos axentes da Policía Local e Garda Civil.