Ribeira organiza novos cursos sobre as novas tecnoloxías para os máis mozos
As inscricións para ambas accións formativas estarán abertas dende o 29 de xullo ao 2 de agosto
No ánimo de contribuír á alfabetización dixital dos cidadáns do municipio dende as idades máis temperás ao tempo que se favorece a conciliación familiar, a Aula CeMIT de Ribeira vén de organizar para este mes de agosto dous cursos gratuítos sobre novas tecnoloxías para tramos de idade comprendidos entre os 6 e os 9 anos e os 10 e os 14 anos, respectivamente.
Os cursos foron presentados pola concelleira de Administración, Innovación Tecnolóxica e Transparencia, Atención e Participación Cidadá, Ana Barreiro; xunto co novo axente TIC encargado de xestionar a aula CeMIT, Manuel Bello.
INSCRICIÓNS
As inscricións para ambas accións formativas estarán abertas dende o 29 de xullo ao 2 de agosto e poderase formalizar ben na páxina web do Concello (www.riveira.gal) dentro do apartado aula CeMIT ou ben nesta dependencia, situada na rúa Cubeliños 1 debaixo da escola infantil municipal.