miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Brais, novo porteiro do Santiago Futsal

Brais, novo porteiro do Santiago Futsal
Brais, novo porteiro do Santiago Futsal

Con esta incorporación o Santiago Futsal asegúrase un porteiro galego, con ampla experiencia na LNFS e que defenderá a meta santiaguesa polas dúas campañas vindeiras

Brais García Pedre xogará no Santiago Futsal durante as próximas dúas temporadas tras o seu paso polo Noia Portus Apostoli FS.

O xogador, nacido en Burela, chega a Santiago despois do seu paso por equipos como Automoción A Junquera ou os galegos Pescados Rubén Burela FS, O Parrulo Ferrol e Noia Portus Apostoli FS.

Con esta incorporación o Santiago Futsal asegúrase un porteiro galego, con ampla experiencia na LNFS e que defenderá a meta santiaguesa polas dúas campañas vindeiras.

O xa porteiro da Resistencia mostrouse moi contento coa fichaxe polo seu novo equipo: “ É unha honra poder formar parte desta familia. Xogar no Santiago Futsal é defender unha camiseta con moita historia no futsal español e estou a desexar que comece a temporada para poñerme mans á obra xunto aos meus compañeiros”

Comentarios
Lo más