miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Bugallo estima que hai máis de 1000 pisos ilegais en todo Santiago

Bugallo estima que hai máis de 1000 pisos ilegais en todo Santiago
Arquivo
Bugallo estima que hai máis de 1000 pisos ilegais en todo Santiago

Co "boom" dos pisos de aluguer, a hostalería da cidade cae a un 65% de ocupación, cando outros anos por estas datas oscilaba o 100 por cen

Tras a rolda de prensa convocada polo Concello de Santiago, Bugallo explica algún dos temas máis relavantes que atañen á cidadanía. Após de estar fóra dos puntos a tratar, as irregularidades dos pisos de aluguer para acoller turistas nestas datas, ocupou gran parte da convocatoria. 

De momento, non hai un plan de actuación contra estes pisos, pero asegura que tanto Turismo como Urbanismo están a traballar por unha regularización o máis axiña posible. Defende a necesidade de facer unha normativa de licenzas para estes pisos turísticos e admite que "é un problema severo, que se ten que compatibilizar cos hoteis"

Por outra banda, Bugallo comunicou que a cidade vai contar con máis medidores da contaminación atmosférica para evaluar a calidade do aire. Como o Concello non ten cobertura para facer fronte a este proxecto, cédelle á USC o importe de 90.000€ para que se faga cargo desta proposta.

En relación ca Xunta de Galicia, o Goberno local solicitará unha subvención para a contratación de mulleres que sofren violencia de xénero por un importe de 366.242€. 

O Concello tamén dota con 20.000€ ás distintas entidades do sector cultural cas que colabora activamente, como son Música en Compostela, Asociación O Galo, Museo do Pobo Galego, Asociación Cultural Cidade Vella, Casa da Troia, Ateneo de Santiago, Asociación Cultural Rocha Forte, Fundación Rosalía de Castro e Conservatorio de Música Tradicional e Folque.



Comentarios
Lo más