miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O goberno portugués quere atraer a industria automobilística de Galicia

O goberno portugués quere atraer a industria automobilística de Galicia
Youtube
O goberno portugués quere atraer a industria automobilística de Galicia

O goberno luso está dando facilidades ás grandes compañias para que operen no norte de Portugal

En Galicia, concretamente en Vigo, hai unha das maiores plantas de producción automobilística da península. Da a casualidade, que o O goberno de Portugal presidido por Rebelo de Sousa esté apostando por levar a industra do automóbil cara o Norte de Portugal, deste xeito, pretende atraer as grandes firmas do país cara as instalacións de Monçao, o maior laboratorio de I+D+I de Europa neste sector. 

A estratexia do Goberno portugués é facilitar unhas ventaxas fiscais dignas de ser estudadas polo resto de compañías que se atopan preto da zona, ademais inclúen unha rebaixa no prezo das parcelas industriais. Hai máis dunha semana innaugurouse o maior laboratorio de ensaios ambientais de automóbil de Europa, un centro no que levan traballando meses.

“A creación de entidades e infraestruturas deste tipo en Portugal e proxectadas desde o inicio cunha vocación internacional, son cruciais para a atracción de investimento directo estranxeiro para Portugal pois ofrecen solucións integradas e con valor engadido para quen se quere instalar en Portugal”, apuntaba Pedro Matias, presidente do Grupo ISQ na inauguración desta planta.

No caso concreto do ISQ o obxectivo é especializarse en compoñentes dos coches máis innovadores, é decir aqueles que apostan pola inovación sendo máis sustentábeis e intelixentes. 

Non é baladí que esta firma se instaure tan preto de Galicia, posto que traballa de forma paralela con Centro Tecnolóxico de Galicia (CTGA). É por isto, polo que a planta quere reducirse á exclusiva fabricación de compoñentes electrónicos e tecnolóxicos. 

De novo, a ISQ, está atento aos pasos que segue o Grupo PSA, unha gran compañía que traballa con marcas tan recoñecidas como Opel, Peugeot e Citroen, esta última con sede en Vigo. Mais esta atento a outras firmas cas que quere traballar, como son o caso de Grupo Renault, Grupo Volkswagen que incluen marcas tan prestixiosas como Porche ou Audi.

Para se poder facer un pouco o nivel de traballo desta compañía, hai que por en contexto, que os dous tercios de vehículos especiais privados que son lanzados a nivel mundial son testados por estes enxeñeiros.

Comentarios
Lo más