miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Tempo inestable para empezar a semana

Tempo inestable para empezar a semana
Meteogalicia
Tempo inestable para empezar a semana

As temperaturas máximas serán de 21º mentres que as mínimas de 13

Unha borrasca que entra polo norte de Galicia deixará unha xornada de luns de tempo inestable, con entrada de aire frío nas capas altas da atmosfera. Polo tanto, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos repentinos en calquera punto da Comunidade, máis frecuentes e intensos na provincia da Coruña. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente, mentres que as máximas sufrirán un moderado descenso, con valores baixos para a época do ano. O vento soprará de maneira moderado dende o suroeste, con refachos fortes no litoral norte.

Comentarios
Lo más