miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Incendio nun local da Consellería de Comercio de Ourense ao lado das termas

Incendio nun local da Consellería de Comercio de Ourense ao lado das termas
Twitter
Incendio nun local da Consellería de Comercio de Ourense ao lado das termas

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, lamenta os incidentes e asegura que “en vez de chover sobre mollado, incéndiase sobre queimado

A cafetería das Pozas de Maimón, próximo ás termas de Outariz, sufriu un incendio na madrugada de hoxe, domingo, 28 de xullo. O lume declarouse ás 2:09 e ata alí acudiron distintos equipos de emerxencia: Servizo de Bombeiros, Policía Local e Policía Nacional.

Cando chegaron, o local de madeira, propiedade da Consellería de Comercio xa estaba en chamas. Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais, só danos materiais

Axiña os tres equipos lograron formar un plan de actuación para ter o lume controlado e sofocado ás 3:15 horas, aínda que tiveron que seguir vixiando o incendio para impedir que non se revivise de novo. Segundo explica un operativo da Policía Local, todo parece indicar que o lume empezouse a iniciar no interior do local, de todas maneiras será a Policía Científica quen determine ás causas do accidente.

Finalmente a Policía Local encargouse de tomar declaracións aos propietarios das autocaravanas máis próximas ao lugar do suceso e acordonar un perímetro de seguridade, tanto por seguirade como para non intervir na investigsación policial.


Comentarios
Lo más