miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Falece un home afogado en Ribeira

Falece un home afogado en Ribeira
Turismo.gal
Falece un home afogado en Ribeira

O suceso aconteceu na tarde do sábado na praia de Ladeira

En torno ás 18:00 horas da tarde, un particular informaba ao 112 Galicia de dúas persoas en apuros na auga. Nese intre, unha persoa indicaba que os socorristas que se atopaban na praia conseguiran rescatar a unha das persoas para levala á area e reanimala.

De seguido, o 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do persoal de Salvamento Marítimo e do servizo de Gardacostas de Galicia. Ademais, alertouse do sucedido ao 061-Urxencias Sanitarias, que axiña mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Ata alí achegáronse os axentes da Policía Nacional e Local. Do mesmo xeito, informouse aos membros do GAEM de Ribeira e voluntarios de Protección Civil da localidade.

Segundo informou a Policía Nacional ao 112 Galicia a outra persoa que se atopaba na auga conseguira saír polos seus propios medios e non precisou asistencia sanitaria.

Após da rápida intervención dos equipos de emerxencia nada puderon facer para salvarlle a vida.


Comentarios
Lo más