miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Federación Galega de Ciclismo e a Xunta entregaromn 120 prendas reflectantes en Noia

A Federación Galega de Ciclismo e a Xunta entregaromn 120 prendas reflectantes en Noia
Xunta de Galicia
A Federación Galega de Ciclismo e a Xunta entregaromn 120 prendas reflectantes en Noia

Na mañá do sábado, 27 de xullo as dúas institucións repartidos distintas prendas reflectantes para inculcar a seguridade nas estradas

A Xunta e a Federación Galega de Ciclismo fixeron entrega de 120 prendas reflectantes a deportistas e peóns no marco da campaña "Eu fágome ver", destinada a reforzar a seguridade viaria dos usuarios máis vulnerables dasestradas. No acto participaron a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez e o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz.

O obxectivo desta campaña, que se desenvolveu na estrada autonómica AC-550 (Cee-Ribeira) é concienciar e fomentar condutas responsables e seguras para lograr unhaconvivencia harmónica entre os distintos usuarios das vías de comunicación.

En concreto, nesta xornada fíxose entrega de 80 cortaventos para ciclistas e de 40 chalecospara peóns, todas elas prendas de alta visibilidade para previr atropelos. No caso dosdeportistas, a conselleira destacou que se trata dunha prenda técnica que foi definida polo propio colectivo como a máis axeitada para o exercicio, e que, ademais de ser de cor amarela reflectante, leva inscrita na parte traseira unha chamada de atención aos condutores sobre o respecto ao ciclista: “Metro e medio, unha distancia pequena para unha longa vida”, sinalou Ethel Vázquez.

En declaracións aos medios, a conselleira destacou o esforzo que vén realizando o Goberno galego para reforzar a seguridade viaria de ciclistas e peóns, afirmando que desde o ano 2016 a Xunta leva entregadas case 21.000 prendas reflectantes e ata 2020 prevé entregar 16.800 prendas máis.

Comentarios
Lo más